Entramado de madera en construcción.

Novas técnicas na construción con madeira

As vantaxes da construción con madeira son múltiples. Destacan a súa lixeireza respecto a outros materiais usados en estruturas, a súa montaxe en seco que permite gran rapidez na execución da obra, ou o confort térmico que proporciona como acabado. Ademáis, contribúe a reducir os pontes térmicos grazas ás súas propiedades illantes, e a regular a humidade interior debido á súa higroscopía.

Todas estas características fan da madeira uno dos materiais naturais máis utilizados na bioconstrución. Distínguese pola súa baixa pegada ecolóxica, sendo ademáis un sumidoiro de CO2 durante o seu crecemento, aspecto que a fai sumamente relevante na transición a unha economía baixa en carbono. Isto destaca especialmente cando se trata dunha especie autóctona e de cultivo local, como son -en Galicia- o piñeiro galego, o castiñeiro ou o carballo.

Tradicionalmente a madeira foi moi utilizada en construción, inda que pouco a pouco foise vendo relegada por outros materiais máis industrializados. Actualmente experimenta un importante auxe grazas ás novas tecnoloxías e produtos, que permiten solucións estruturais máis eficientes e aforrar tempos de fabricación e obra.
Entramado pesado, entramado lixeiro ou paneis de madeira contralaminada (CLT) son algunhas das opcións existentes para unha estrutura de madeira. As técnicas de corte mecanizado permitiron que se volvan a xeralizar as unións ensambladas, tamén chamadas carpinteiras, como a cola de milano, o raio de xúpiter ou a caixa e espiga.

Gústanos a madeira: sempre foi un material moi valorado. Cada vez se usa máis, xa non só para acabados interiores ou rehabilitación. Pouco a pouco vanse desterrando mitos e podemos atopar numerosos exemplos do seu uso en edificios de diferentes tipoloxías e escalas.

De todo iso fala Macarena Outeiral Oliveros nesta entrevista para Galicia Press.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio