Política de privacidade
EUNOIA Arquitectura Ecolóxica se compromete ao tratamento dos datos de carácter persoal que lle sexan facilitados a través do presente sitio web conforme ao establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD -GDD), así como a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE ou LSSI).
Nome comercial: EUNOIA Arquitectura Ecolóxica
Actividade: servizos técnicos de arquitectura
Responsables do tratamento dos datos:
- Angela Martínez Lago, arquitecta colexiada no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia nº 4.138, con NIF 32.697.153-P, domicilio en Avda. Breogán 1 1ºD – 15401 Ferrol, e correo electrónico angela@eunoia.gal
- María Macarena Outeiral Oliveros, arquitecta colexiada no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia nº 4.252, con NIF 33.538.764-A, domicilio en Avda. Rafael Fernández Cardoso 14 3ºE – 27700 Ribadeo, e correo electrónico macarena@eunoia.gal
Lexitimación para o tratamento de datos
A base legal para o tratamento de datos persoais é o consentimento.
O contacto ou a realización de comentarios a través deste sitio web implica a aceptación da presente Política de Privacidade.
Finalidade e duración do tratamento dos datos
O/a usuario/a, acepta expresamente e consente que os seus datos persoais sexan tratados por parte de EUNOIA Arquitectura Ecolóxica coas seguintes finalidades:
- Tramitar encargos, solicitudes ou peticións que fosen efectuadas a través de calquera das formas de contacto dispoñibles en www.eunoia.gal
- Envío de comunicacións comerciais ou técnicas acerca de produtos ou servizos ofrecidos por EUNOIA Arquitectura Ecolóxica e por terceiros colaboradores. Esta información poderá ser enviada por correo electrónico, correo postal ou vía telefónica.
Os datos facilitados a EUNOIA Arquitectura Ecolóxica serán incorporados para o seu tratamento ao correspondente ficheiro automatizado titularidade de Angela Martínez Lago e María Macarena Outeiral Oliveros. Estes datos poderán conservarse ata que se solicite a súa supresión por parte do/a interesado/a.
Redes sociais
EUNOIA Arquitectura Ecolóxica conta con perfil nalgunhas das principais redes sociais de Internet (Facebook, Linkedin, lnstagram e Twitter). O acceso ou interacción cos perfís corporativos de EUNOIA Arquitectura Ecolóxica implica o consentimento expreso para o acceso aos datos públicos do teu perfil na rede social correspondente.
En ningún caso EUNOIA Arquitectura Ecolóxica extraerá datos das redes sociais, salvo que obtivese o consentimento expreso para iso por parte do/a usuario/a. A información que compartas estará suxeita tanto á presente Política de Privacidade como ás Normas e Condicións da rede social correspondente.
Veracidade dos datos
O/a usuario/a é responsable da veracidade e corrección dos datos que facilite, asumindo a responsabilidade ante calquera manifestación falsa ou inexacta que proporcionase, así como os prexuízos que tal información puidese causar.
Medidas de seguridade
Co obxectivo de salvagardar a seguridade dos datos persoais, EUNOIA Arquitectura Ecolóxica adoptou as medidas de seguridade legalmente requiridas para evitar a perda, mal uso, alteración e acceso non autorizado.
Dereitos en materia de protección de datos
En calquera momento podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade e oposición ou limitación ao tratamento dos teus datos de carácter persoal, mediante petición por correo ordinario a calquera das direccións do encabezado, ou por correo electrónico dirixido a info@eunoia.gal
Modificacións da política de privacidade
As titulares de EUNOIA Arquitectura Ecolóxica se reservan o dereito a modificar a presente Política de Privacidade para adaptala a novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como a prácticas da industria.
No devandito suposto, anunciará nesta páxina web os cambios introducidos e, no seu caso, notificarao ao usuario/a a través do correo electrónico.
Contacto
Para calquera aclaración acerca desta Política de Privacidade, contáctanos en info@eunoia.gal.