Aviso legal

Conforme ao disposto na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, o presente Aviso Legal contén as Condicións de uso que regulan a utilización deste sitio web, así como o resto de información requirida pola lexislación vixente.

 

Datos identificativos

Nome comercial: EUNOIA Arquitectura Ecolóxica 

Actividade: servizos técnicos de arquitectura

Responsables:

  • Angela Martínez Lago, arquitecta colexiada no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia nº 4.138, con NIF 32.697.153- P, domicilio en Avda. Breogán 1 1º C – 15401 Ferrol, e correo electrónico angela@eunoia.gal 
  • María Macarena Outeiral Oliveros, arquitecta colexiada no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia nº 4.252, con NIF 33.538.764-A, domicilio en Avda. Rafael Fernández Cardoso 14 3ºE – 27700 Ribadeo, e correo electrónico macarena@eunoia.gal

Ambas as con título académico oficial de ARQUITECTA pola Universidade da Coruña (UDC). 

 

Código de conducta e normas profesionáis aplicables

As arquitectas responsables de EUNOIA Arquitectura Ecolóxica están suxeitas no exercicio da súa profesión ao código de conduta e as normas profesionais seguintes: 

 

Uso do sitio web

O acceso e/ou uso ao sitio web www.eunoia.gal implica a aceptación das Condicións de Uso aquí establecidas, sen prexuízo da aplicación da correspondente normativa legal de obrigado cumprimento. 

O/a usuario/a comprométese a facer un uso adecuado do sitio web, os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe e a orde pública. Queda prohibido o uso da web con fins ilícitos ou de forma que poidan causar prexuízo a terceiros ou impedir o normal funcionamento do sitio web. 

 

Propiedade intelectual e industrial

EUNOIA Arquitectura Ecolóxica é titular, por si mesma ou como cesionaria, de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos contidos da mesma. A totalidade do sitio web está protexida por marcas, dereitos de autor e outros dereitos lexítimos, de acordo coa lexislación vixente.

Quedan expresamente prohibidas a reprodución, distribución e a comunicación pública, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización das responsables de EUNOIA Arquitectura Ecolóxica. 

 

Política de ligazóns

EUNOIA Arquitectura Ecolóxica non se fai responsable do contido dos sitios web aos que se poida acceder a través de ligazóns dispostas en www.eunoia.gal. Así mesmo, a inclusión destes vínculos non implica ningún tipo de asociación cos sitios web enlazados. 

No caso de vínculos a sitios web de terceiros, pasarán a ser de aplicación as Condicións de uso do novo sitio web. 

 

Exclusión de garantías e responsable

EUNOIA Arquitectura Ecolóxica  www.eunoia.gal) non outorga ningunha garantía nin se fai responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de: 

  • A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da web, ou dos seus servizos e contidos; 
  • A existencia de malware, programas maliciosos ou lesivos nos contidos; 
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento ou contrario a este Aviso Legal; 
  • A falta de licitud, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos ao dispor dos usuarios no sitio web.

EUNOIA Arquitectura Ecolóxica non se fai responsable dos danos que puidesen dimanar do uso ilegal ou indebido da presente páxina web.

 

Lexislación aplicable e xurisdicción

A relación entre o/a usuario/a deste sitio web e as responsables de EUNOIA Arquitectura Ecolóxica rexerase pola normativa española vixente. Calquera controversia someterase aos tribunais de Ferrol ou Mondoñedo. 

 

Modificacións

As titulares de EUNOIA Arquitectura Ecolóxica resérvanse o dereito para modificar o contido do seu sitio web e destas condicións xerais de uso en calquera momento e sen aviso previo. Ditas modificacións serán de obrigado cumprimento durante o tempo en que se atopen publicadas na web.

 

Contacto

Para calquera aclaración acerca deste Aviso legal, contáctanos en info@eunoia.gal.

Scroll ao inicio