Visita diagnóstico eco-rehabilitación

O primeiro paso para converter a túa vivenda nun fogar saudable e eficiente.

Tes un piso, un local ou unha casa antiga, ou estás a pensar en mercar para rehabilitar con criterio ecolóxico?

Sexa unha herdanza familiar, unha compra ou unha casa tradicional de pedra e madeira que che namora, poida que che preocupen as humidades, espazos con pouca luz natural, desniveis incómodos e falta de accesibilidade, ou reformas anteriores que non encaixan contigo.

Axudámosche a rehabilitar con conciencia no norte de Galicia e o oeste de Asturias, unindo bioconstrución, saúde ambiental, estética e eficiencia enerxética para crear un fogar saudable.

En EUNOIA ofrecémoste un asesoramento técnico e estratéxico para que podas tomar decisións con coherencia, mantendo a memoria e o carácter da casa. A visita diagnóstico de eco-rehabilitación é o primeiro paso para transformar a túa casa en patrimonio vivo: sa, habitable e coherente coa túa forma de vivir.

É o momento de poñer todas as pezas sobre a mesa. Así evitas decidir a cegas, podes anticiparte a problemas e sacar o máximo partido ao teu fogar.

En que consiste o diagnóstico de eco-rehabilitación?

É un asesoramento técnico e estratéxico in situ para pisos, locais e casas antigas no norte de Galicia e o oeste de Asturias.

Consiste nunha visita presencial na que facemos unha inspección visual integral da túa vivenda dende o punto de vista da rehabilitación saudable, o confort e a eficiencia enerxética:

Estado de conservación

Examinamos os muros de pedra, a estrutura de madeira, o tellado e as ventás, e valoramos a posibilidade de mantelos con garantías de seguridade, habitabilidade e durabilidade.

Detección de puntos débiles

Identificamos humidades, espazos angostos e sombríos, desniveis e outros problemas o patoloxías construtivas, e dámosche pautas técnicas para corrixilos de forma efectiva.

Potencial de eco-rehabilitación

Determinamos opcións realistas para facer a túa casa máis habitable, luminosa e confortable, mellorando a súa adaptación ao clima e a súa eficiencia enerxética, mantendo a súa esencia.

Explicámosche de forma clara as posibilidades de rehabilitación ecolóxica adaptadas ao teu caso.

Terás unha folla de ruta de rehabilitación ecolóxica para axudarte a dar os seguintes pasos, con:

Con este diagnóstico estratéxico poderás tomar decisións fundamentadas sobre que conservar e que transformar, coa tranquilidade de contar cunha mirada técnica experta.

Solicita a túa visita diagnóstico de eco-rehabilitación

Transforma a túa casa nun fogar saudable e eficiente.

Escríbenos para coordinar unha visita diagnóstico de eco-rehabilitación.

Scroll ao inicio