Proxectos integrais de vivenda ecolóxica

Da primeira idea a un fogar con alma, saudable e feito á túa medida.

Se queres que a túa casa coide de ti e do teu entorno, estás no lugar adecuado.
Ecoloxía, aforro enerxético, saúde e benestar diario son os principios que nos moven.

En EUNOIA combinamos rigor técnico, saúde ambiental e beleza consciente, coidando cada detalle do proxecto para que o teu fogar sexa coherente cos teus valores e coa forma en que queres habitalo.

O teu fogar ecolóxico: do soño á realidade

Proxecto integral de bioconstrución

Deseñamos contigo desde a primeira idea ata os cálculos e detalles técnicos para que o resultado encaixe coa túa forma de vivir e se integre de forma natural na contorna e a paisaxe.

Integramos bioconstrución, deseño bioclimático, eficiencia enerxética e criterios Passivhaus, con materiais saudables e solucións pensadas para o clima do norte de Galicia e o oeste de Asturias.

Se soñas cunha casa de madeira, un fogar saudable o unha casa pasiva, axudámosche a darlle forma cun proxecto sólido e ben definido.
En EUNOIA falamos de moito máis que deseño: trátase de vivir mellor. Aplicamos unha visión holística que non esquece as cuestións “invisibles”, esas que non se ven pero que se senten cada día, como o uso de materiais naturais e saudables, o confort térmico ou unha iluminación axeitada.

O teu proxecto é máis que unha casa: é, sobre todo, unha inversión en tranquilidade e saúde a medio e longo prazo.

Dirección de obra

Durante a execución seremos os teus ollos na obra para asegurar o paso do proxecto á realidade.

Realizamos a dirección de obra con visitas periódicas, aportando solucións e asegurando que se respecte o proxecto, os criterios de saúde ambiental e os detalles que dan sentido á túa casa.
Resolvemos as dúbidas técnicas que poidan xurdir e velamos para que todo se leve a cabo coa calidade adecuada.

Acompañamento chave en man

Percorreremos o camiño ao teu lado para facilitar o proceso, encargándonos da xestión dos permisos administrativos, axudándote a elixir a empresa construtora e preparando a documentación do estado final da obra.

É un acompañamento continuo, paso a paso, desde o soño inicial ata o momento en que entras a vivir e desfrutar do teu novo fogar ecolóxico.

Cada persoa e cada proxecto son únicos

A túa casa responde a como vives, que valoras e como queres estar no mundo.
Non deseñamos por catálogo: concibimos o proxecto como un traxe feito a medida para ti.

Cabios cubierta madera EUNOIA
Scroll ao inicio