Consultoría online de bioconstrución
Resolve as túas dúbidas técnicas e de deseño para avanzar de forma segura co teu proxecto saudable e eficiente.
Queres un fogar que coide da túa saúde e do planeta, pero non sabes por onde comezar?
En EUNOIA somos expertos en arquitectura ecolóxica, e seremos o teu GPS e o compás que te guíe nesta viaxe.
Materiais, eficiencia, Passivhaus… pregúntanos
Elixir os materiais ecolóxicos máis axeitados para o teu caso
Como usar a madeira con garantías -deseño, especies, durabilidade
Técnicas de rehabilitación eficientes en Galicia e Asturias
Reducir o consumo de enerxía e aumentar o confort
Como aplicar o deseño bioclimático
Aspectos do estándar Passivhaus
Opinión experta sobre as túas ideas ou un proxecto xa iniciado
Pasos e trámites necesarios para facer realidade o teu proxecto
Outras dúbidas sobre bioconstrución ou eficiencia enerxética
Nunha sesión online 100 % personalizada resolverás as túas dúbidas e transformarás las inquedanzas en claridade.
Darémosche explicacións claras, sen tecnicismos innecesarios, adaptadas ao teu contexto e prioridades.
Aforra tempo, evita errores e avanza con paso firme cara ao proxecto ecolóxico que soñas.
Que obtés coa eco-consultoría online?
Análise previa
Cuestionario exprés para entender o teu caso e optimizar a sesión.
Sesión personalizada
Explicacións claras e útiles. Daranche unha visión integral, que poderás aplicar.
Resumo práctico
A túa guía para tomar decisións con seguridade.
Paso a paso: Como transformar dúbidas en claridade?
1. Elixe a modalidade e reserva
Selecciona a duración que mellor se axuste á complexidade das túas dúbidas, para a túa consultoría 1 a 1.
2. Completa un breve cuestionario
Cubre o cuestionario sobre a túa situación e principais dúbidas. Así poderemos ofrecerche respostas útiles e concretas desde o primeiro minuto.
3. Concreta data e horario
Proporémosche varias opcións nas semanas seguintes. Ti elixes o día e a hora que prefiras.
4. Sesión online personalizada
Recibirás explicacións claras e adaptadas a ti.
Te serviremos de compás nesta viaxe cara á bioconstrución.
5. Resumo práctico en PDF
No teu correo-e en menos de 48 h laborais, para que poidas repasar a información e usala como guía.
Modalidades e prezo
Consultoría estándar
Resolve dúbidas xerais e toma decisións de inicio adecuadas
Sesión 1 hora 219 € *
Consultoría estendida
Para consultas máis amplas ou afondar en temas complexos
Sesión 2 horas 297 € *
*IVE (21 %) incluído
Precisas unha visita presencial ou un estudo máis completo?
Escríbenos e enviarémosche unha proposta a medida.
Da o paso: resolve as túas dúbidas e avanza con confianza.
O teu camiño cara a un fogar saudable e eficiente comeza aquí.