Condicións xerais de venta

1. Datos identificativos da provedora do servizo

EUNOIA Arquitectura Ecolóxica é unha marca rexistrada propiedade de:

  • Ángela Martínez Lago, arquitecta colexiada no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) nº 4.138, NIF 32.697.153-P, enderezo na Avda. Breogán 1, 1ºC – 15401 Ferrol (A Coruña), correo-e angela@eunoia.gal.
  • María Macarena Outeiral Oliveros , arquitecta colexiada no COAG nº 4.252, NIF 33.538.764-A, 4.252, NIF 33.538.764-A, domicilio en Avda. Rafael Fernández Cardoso 14, 3ºE – 27700 Ribadeo (Lugo), correo-e macarena@eunoia.gal.

Ambos con título académico oficial de Arquitecta pola Universidade da Coruña (UDC).

En diante, EUNOIA.

2. Obxecto

Estas condicións rexen a contratación en liña de sesións 1 a 1 de consultoría profesional personalizada en arquitectura ecolóxica, prestadas por videoconferencia.

3. Proceso de contratación

  1. Selecciona o servizo e a súa modalidade no sitio web.
  2. Revisar o pedido: tipo, cupón (se se dispón del) e importe total con impostos.
  3. Proporcionar os datos de facturación.
  4. Confirmar e pagar.
  5. Completar e enviar o cuestionario inicial, nun prazo máximo de 15 días.
  6. Selecciona a data e a hora da sesión, entre varias opcións a convir.
  7. Asistir á sesión en liña por videoconferencia. O servizo será prestado por unha das arquitectas, en función dos temas a tratar e da súa dispoñibilidade.
  8. Recibir un resumo práctico en PDF nun máximo de 48 horas laborais.

Requisitos técnicos: conexión a internet estable e dispositivo con cámara e micrófono (ordenador, tablet ou
teléfono intelixente).

A contratación implica a aceptación expresa destas condicións.

4. Capacidade para contratar

O/a cliente declara que ten a capacidade legal necesaria para contratar. No caso de menor non emancipado/a, requírese autorización expresa de seu representante legal; en caso contrario, EUNOIA poderá cancelar o contrato.

5. Prezos, impostos e facturación

Os prezos publicados son finais en euros (EUR), incluíndo o IVE ao tipo vixente (21 %), agás que se indique o contrario. No proceso de compra móstranse a base impoñible, o IVE e o total.

As actualizacións de prezos non afectan ás compras xa confirmadas. As ofertas e os cupóns de desconto indican a súa validez e condicións. Non son acumulables, salvo indicación expresa.

O pago realízase no momento de confirmar o pedido. Métodos de pago aceptados: tarxeta de crédito/débito, Bizum ou transferencia bancaria. Tralo pago, a profesional de EUNOIA que preste efectivamente o servizo emitirá a factura correspondente.

O/a cliente declara que os datos de facturación proporcionados son veraces e completos.

Contratación desde fóra da UE: poden aplicarse comisións ou tipos de cambio do provedor de pagamentos do cliente .

6. Validez e vixencia da compra

O servizo poderase utilizar nun prazo máximo de 6 meses desde a contratación.

Transcorrido este prazo sen programar a sesión, pérdese o dereito a recibir a consulta e ao seu reembolso.

7. Dereito de desistencia e cancelación

O/a cliente pode desistir ou cancelar a contratación no prazo de 14 días naturais desde a compra, sempre que o servizo non tivera comezado a executarse.

Se o servizo se inicia (co envío do cuestionario cuberto e/ou reserva de data) dentro deste prazo, e o/a cliente cancela antes da sesión, o reembolso será proporcional á parte do servizo non executada, podendo deducirse 75 € en concepto de estudo inicial. Unha vez realizada a sesión, non haberá dereito a desistencia nin a reembolso algún.

Aviso legal: Para persoas particulares, este réxime axústase ao dereito de desistencia de 14 días e as súas excepcións (servizo totalmente executado ou iniciado con consentimento expreso) e ao reembolso proporcional cando a execución comezara durante este período. Para empresas e autónomas/os, estas mesmas condicións operan como política comercial de EUNOIA.

Como exercelo: escribe a info@eunoia.gal co teu nº de pedido e a túa vontade de desistir. A petición, facilitarase un modelo de formulario.

8. Reembolso

Cando corresponda, a devolución do importe aboado (total ou parcial) realizarase nun prazo máximo de 14 días laborais, emitindo a factura rectificativa correspondente.

Non se devolverán gastos de comisións bancarias nin outros cargos alleos a EUNOIA, se os houber.

En caso de imposibilidade técnica ou forza maior por parte de EUNOIA, ofrecerase unha nova data ou a devolución íntegra.

9. Reprogramación

Permítese un cambio sen custe da data da sesión de, notificando con polo menos 72 h de antelación a: info@eunoia.gal .

10. Propiedade intelectual e confidencialidade

O resumo en PDF e calquera material xerado son propiedade intelectual de EUNOIA. O/a cliente pode usar o material exclusivamente para o seu proxecto ou obra, quedando prohibida a súa reprodución, distribución ou uso comercial.

Ambas partes comprométense a manter a confidencialidade sobre a información tratada durante a consultoría.

11. Protección de datos

Os datos persoais serán tratados para a prestación do servizo e comunicacións relacionadas, conforme ao RGPD e á Política de privacidade.

Poderás exercer os seus dereitos (acceso, rectificación, supresión, etc.) en info@eunoia.gal.

12. Limitación de responsabilidade

O servizo ofrecido ten carácter consultivo e orientador, e non implica supervisión técnica posterior. EUNOIA non se responsabiliza das decisións posteriores do/da cliente nin de resultados derivados do uso das recomendacións.

O/a cliente garante a veracidade da información facilitada.

13. Atención e reclamacións

Para calquera consulta ou reclamación: info@eunoia.gal.

En caso de desacordo, o/a cliente poderá recorrer aos organismos de Consumo da súa Comunidade Autónoma.

14. Lexislación aplicable e resolución de conflitos

Lexislación aplicable: española.

  • Competencia territorial: Para as relacións de consumo, será competente o tribunal do domicilio do/da cliente, de acordo coa Lei de Axuizamento Civil.
  • Para clientes empresas ou autónomas/os: Xulgados e Tribunais da Coruña, agás submisión expresa a outro foro.

Ambas partes comprométense a intentar a resolución amigable de calquera conflito antes de acudir á vía xudicial.

15. Validez das condicións

Estas condicións serán válidas ata que se publique unha nova versión, a cal se aplicará só a futuras contratacións.

Última actualización: 23/09/2025.

Scroll ao inicio