A arquitectura como terceira pel: como inflúe na túa saúde e benestar

Ao pensar nunha vida saudable solemos fixarnos na alimentación, o exercicio físico, o descanso ou o contacto coa natureza. Incluso nos cosméticos ou a roupa que usamos.

Pero hai un factor esencial que a miúdo pasamos por alto: o espazo onde vivimos.

En bioconstrución o chamamos a terceira pel:

A primeira pel é a epiderme, o límite natural do corpo.

A segunda pel é a roupa, que nos axuda a adaptarnos ao entorno máis inmediato.

A terceira pel é a casa, que nos envolve e configura o ambiente que nos rodea.

Pasamos moitas horas en espazos interiores; por iso é tan importante a calidade dese entorno construído.

A nosa terceira pel non é un simple conxunto de paredes, portas e ventás: é o noso hábitat máis próximo, e inflúe de forma directa no noso benestar físico e mental.

O impacto do entorno na saúde

medicina ambiental confirma a relación entre o entorno construído e a saúde. A calidade do aire interior, a luz natural, o ruído, a humidade ou a toxicidade dos materiais poden afectar ao descanso, á concentración ou ao sistema inmunolóxico.

Fronte a isto, un fogar deseñado con criterios saudables pode favorecer a saúde a medio e longo prazo.

Vexamos os principais factores.

a) Calidade do aire interior: respirar é vivir

O aire dentro de casa pode chegar a estar cinco veces máis contaminado que o do exterior.

Como pode ser isto posible?

Por unha banda, algúns materiais sintéticos, revestimentos, pinturas plásticas, vernices ou mobles liberan sustancias nocivas como formaldehido e compostos orgánicos volátiles (COV). En concentracións altas, estes contaminantes atmosféricos poden causar alerxias e irritacións.

Igual que unha dieta sa basease en alimentos frescos e non en ultraprocesados,
elixir materiais naturais favorece un ambiente interior de calidade.

Ademais, ao respirar, xeramos dióxido de carbono. Se non renovamos o aire de forma suficiente, prodúcese unha concentración de CO2, o que empeora a capacidade de concentración e a calidade do descanso. A normativa actual fixa uns límites máximos de concentración de CO2. Para evitar o aire viciado non basta con abrir a ventá de cando en vez: é necesario garantir unha renovación do aire suficiente, en función do tamaño da estancia, o número de persoas e a actividade que realicemos.

Todo isto é especialmente relevante nos dormitorios, onde pasamos un terzo da nosa vida.

b) Confort térmico e acústico

Sentímonos ben cando hai un equilibrio entre o calor que produce o corpo e o que intercambia co ambiente, dentro dun rango equilibrado de humidade (un ambiente nin demasiado seco, nin excesivamente húmido).

Tamén é importante illarnos do ruído exterior, de vivendas e locais veciños, e das instalacións.

Contribúe a elo un bo illamento térmico e acústico, carpinterías de calidade, e materiais higroscópicos que axudan a regular a humidade.

A envolvente dun edificio (fachadas, tellado e solo) funciona como un termo:
se está ben deseñada, mantén unha temperatura confortable con menos necesidade de enerxía.

c) Luz e ritmos circadianos: vivir en sintonía

A luz non só permite ver, tamén sincroniza noso reloxo interno. A luz natural cambia ao longo do día e o noso organismo regúlase con eses ciclos. Se a iluminación artificial non respecta eses patróns, pode alterar o sistema endócrino e provocar fatiga, peor soño, estrés e menor capacidade de concentración.

Unha iluminación incorrecta ten un efecto de jet lag permanente:
o corpo non sabe cando activarse e cando descansar.

É importante favorecer a luz natural, evitando cegamentos. A iluminación artificial debe seguir criterios circadianos para acompasarse cos nosos ritmos biolóxicos, simulando o patrón da luz natural: luz clara, fría e intensa polas mañás, máis cálida e tenue ao anoitecer. A intensidade e a cor da luz deben axustarse en función do uso de cada estancia (non será igual nunha cocina que nun dormitorio).

Construír benestar

Moitas vivendas constrúense atendendo sobre todo a superficies, número de habitacións, estética e presuposto. Cóidanse os acabados visibles, pero outras cuestiones “invisibles” —calidade do aire, iluminación, toxicidade— quedan nun segundo plano.

O síndrome do edificio enfermo empezouse a estudar na década de 1970.
Estímase que afecta aproximadamente a un 30% dos edificios.

A Organización Mundial de a Saúde o define como un conxunto de molestias e enfermidades que aparecen ao permanecer dentro dalgúns edificios, con síntomas como irritación de ollos, nariz e garganta, fatiga, dor de cabeza, mareos e irritacións cutáneas. Non enferma o edificio, senón as persoas que viven ou traballan nel.

É como unha alarma invisible que indica un problema que non se debe ignorar, inda que non produza síntomas visibles en tódalas persoas. Detectouse sobre todo en edificios de oficinas, pero tamén pode darse en vivendas e edificios de outros usos.

O reto é un cambio de enfoque 360º:

non só evitar o que afecta negativamente á saúde,

senón tamén fomentar o benestar das persoas

e respectar o medio ambiente

Existen solucións.

O idóneo é incluír estas variables desde a fase de deseño para proxectar edificios saudables.

A terceira pel como parte dun estilo de vida saudable

Se vixías o que comes, por que non coidar tamén o espazo que te envolve? Velar por un fogar saudable debería formar parte da mesma lóxica de hábitos sans como seguir unha dieta equilibrada, ter unha rutina de exercicio físico e cumprir uns horarios para durmir suficiente.
Lembra:
Esa terceira pel inflúe directamente na túa respiración, no teu descanso, e na túa saúde e benestar. A túa casa pode ser un refuxio que potencie a túa saúde. Non te quedes só no visible: convén atender tamén a eses outros factores “que non se ven” pero marcan a diferenza.

Preguntas frecuentes

Como podo saber se a miña casa está a afectar á miña saúde?

A maioría dos síntomas son xerais e non están asociados a unha única enfermidade. Presta atención se notas cambios ao pouco de mudarte, ou ao pasar un tempo fóra da casa.

Algunhas sinais a observar son: humidades persistentes, manchas de moho, cheiros (a humidade, a pechado ou a produtos químicos), sensación de aire viciado, ou presenza de tomas de enchufes o cables preto da cabeceira da cama.

En todo caso, sempre debes descartar calquera outra causa médica.

Que debo facer se sospeito que vivo ou traballo nun edificio enfermo?

En primeiro lugar, observa e anota cando aparecen molestias e en que estancias. Segue unhas boas pautas de ventilación diaria, e evita ambientadores e produtos de limpeza perfumados.

Si pintaches recentemente ou colocaches un acabado sintético, mantén unha ventilación permanente da estancia reformada, e evita durmir nela durante as primeiras semanas.

Non sempre é fácil identificar a orixe exacta. Se tes dúbidas, pide axuda profesional: unha avaliación técnica permitirá valorar se pode existir un problema de saúde ambiental ou non, e —de ser preciso— definir as medidas prioritarias e máis efectivas segundo o teu caso.

Scroll ao inicio