En EUNOIA cremos na arquitectura con alma: aquela que ten en conta ás persoas e á contorna.
A bioconstrución segue os mesmos criterios de seguridade e calidade que calquera outro tipo de obra. Garante a seguridade estrutural e fronte a incendios, a accesibilidade, o illamento térmico e acústico, a salubridade, e o cumprimento dos condicionantes urbanísticos do lugar. O uso de materiais naturais non exime de cumprir coas normas actuais; pola contra, busca conseguir uns estándares de saúde e confort máis elevados.
Tivemos a oportunidade de conversar acerca dos nosos proxectos e obras de bioconstrución, edificios pasivos, confort, economía circular, materiais naturais, o renacer da construción con madeira en Galicia, e tamén sobre o noso traballo con enfoque ecoloxista e de proximidade, nunha entrevista para La Voz de Galicia.
Non se poden resumir todas estas cuestións nunha conversa tan breve. A bioconstrución abarca moitos aspectos de deseño, materiais e técnicas construtivas; ademais, existe ampla biografía, multitude de ensaios e normas de referencia. Con todo, é importante dar a coñecer que é posible construír ou rehabilitar de forma máis respectuosa co medio ambiente e coa nosa saúde. Consideramos que desenvolver proxectos con criterios ecolóxicos non debería ser unha alternativa máis, senón a forma habitual -e lóxica- de traballar. É por iso que sempre temos todos estes aspectos en conta, dende o inicio do deseño ata que remata a obra.
De todo iso fala Angela Martínez Lago nesta entrevista para La Voz de Galicia (por Patricia Hermida Torrente, con fotografía de César Toimil).
Coa nosa arquitectura con alma buscamos deseñar o fogar dos teus soños ou o teu espazo de traballo confortable e ecolóxico, partindo do coñecemento da nosa tradición construtiva e incorporando os avances técnicos actuais. A nosa meta é crear espazos que contribúan sentirse ben, en corpo e mente.
Se crees que podemos axudarche co teu proxecto, ou se precisas unha consultoría, escríbenos.